luns, 24 de decembro de 2012

FELIZ NADAL A TODAS AS FAMILIAS QUE HABITAN ESTE PLANETA.

martes, 18 de decembro de 2012

domingo, 16 de decembro de 2012

martes, 11 de decembro de 2012

Uns minutos de reflexión cun gran pedagogo acerca da educación na escola.
Visto no blog de Trafegando Ronseis

martes, 4 de decembro de 2012

sábado, 1 de decembro de 2012

luns, 5 de novembro de 2012

venres, 2 de novembro de 2012

venres, 26 de outubro de 2012


Esta semana coñecimos ao pintor René Magritte.
Comentamos o seu cadro "O cuarto de escoitar" e nos tamén pensamos que lles podiamos dar aos obxectos cotiáns outras funcións.

"O CUARTO DE ESCOITAR"
RENÉ MAGRITTE. 1952. 
ÓLEO SOBRE LENZO.




martes, 23 de outubro de 2012

domingo, 7 de outubro de 2012

mércores, 26 de setembro de 2012

luns, 24 de setembro de 2012


Puntos tratados:

  1. Profesorado que atende aos alumnos: Os titores, Nacho (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión), profesorado de P.T. e A.L.
  2. Outros espazos do centro: Aula de informática (unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video (cando se precisa).
  3. Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un impreso. O neno será acompañado por un profesor ata a súa aula. As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan aos nenos  en horario escolar tamén o farán na secretaría do centro.
  4. Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas cada día polo titor. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións). Así mismo as faltas de puntualidade reiteradas deberán ser debidamente xustificadas.
  5. Cambios nas rutinas: Calquera cambio nas rutinas diarias deberá ser comunicado ao centro por escrito con antelación (por exemplo se algun alumno un día quedase ao comedor en lugar de ir no bus). Os cambios puntuais de autobús non están autorizados en principio.
  6. Horario de atención ás familias: Todos os luns de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Pódense buscar outros momentos no caso de non ser posible nese horario.
  7. Alumnado con necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas familias e baixo a supervisión de dito departamento.
  8. Deberes: De acordo coas familias, os alumnos levarán deberes para practicar na casa coa axuda dun adulto, sempre de acordo ás suúas necesidades e capacidades.
  9. Información das familias: Prégase que se manteñan informados aos titores e ao centro dos cambios de domicilio e teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de saúde dos alumnos.
  10. O alumnado de 2º participará en todas as actividades complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares.
  11. Aportación ás saídas: Pídeselles ás familias unha aportación única e anual de 10 Euros para pagar o transporte das saídas culturais. Os 10 Euros recolleraos o titor durante o mes de Outubro.
  12.  A programación anual de ciclo está no centro a disposición das familias.
  13. O Regulamento de Réxime Interno está tamén no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
  14. Avaliacións: Durante este mes de outubro os alumnos de 2º realizarán unha proba de avaliación inicial de nivel que permanecerá no centro e será para consulta do profesorado.
  15. A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia e o comportamento do seu fillo. No caso do 2º nivel , na avaliación teranse moi en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.
  16. Autorizacións: As familias deberán cumprimentar unha autorización  para as saídas culturais que será válida para este curso. Cada vez que saiamos recibirán unha notificación informando o lugar que visitamos.  Os nenos que non dispoñan de dita autorización non poderán realizar a saída, poderán  quedar no centro nunha aula a poder ser do seu ciclo. Tamén deberán cumprimentar unha autorización expresa  que permitirá aos seus fillos  participar do blog de aula.
  17. Os días non lectivos do centro son o luns 15 de Outubro e o luns 20 de Maio.
  18. Música: O profesor de música pedirá aos nenos de 2º unha flauta para o 2º trimestre. Xa se comunicará por escrito.
  19. ED. Física: O profesor de Ed. Física pedirá aos alumnos de 2º algún util de aseo para o 2º trimestre. Xa se comunicará por escrito.

xoves, 20 de setembro de 2012


O vindeiro  luns día 24 terá lugar a reunión das familias do alumnado de 2º curso co seu titor ou titora.
Celebrarase na aula do voso fillo ou filla ás 5h. da tarde.

mércores, 19 de setembro de 2012


En el mar
(Fanny Uzcátegui Baumeister)

En el mar
Los caballitos cabalgan
entre bosques de coral.
Las medusas suben raudas
como pompas de jabón.

Los calamares
con tinta escriben
cartas de amor.

En la grieta mora el pulpo
y muy cerca el camarón
que dormido se la pasa
a merced del tiburón.

Las langostas sus antenas
van moviendo  al escuchar.
La canción de las sirenas
y las olas al pasar.




martes, 18 de setembro de 2012

PINCHA AQUÍ
PARA ESCOITAR A CANCIÓN DE
SUSO BAHAMONDE


"O MEU BARCO"
Manuel María


Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do libro e o disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


venres, 14 de setembro de 2012

luns, 10 de setembro de 2012

DÍA 12 MÉRCORES
HORA 09:00

NON É PRECISO VIR CARGANDO CON TODO O MATERIAL O PRIMEIRO DÍA.
ATENT@S AOS CARTEIS INDICADORES DAS FILAS DE 2º CURSO.
NON CHEGUEDES TARDE.
LEMBRADE A MERENDA, IDES TER FAME A MEDIA MAÑÁ.

mércores, 29 de agosto de 2012

martes, 28 de agosto de 2012

venres, 22 de xuño de 2012

xoves, 21 de xuño de 2012

martes, 19 de xuño de 2012

luns, 18 de xuño de 2012

O XOVES 21 DE XUÑO PASAREMOS A MAÑÁN NO CENTRO
  "O VENTOSO" EN LARACHA.
CENTRO DE TURISMO ECUESTRE "O VENTOSO"

DESPOIS IREMOS COMER COAS FAMILIAS QUE SE ANIMEN 
Á ÁREA RECREATIVA DE "O SEIXEDO".
ESTAREMOS ALÍ ENTRE AS 14.00H. E AS 17.00 DA TARDE.


ÁS 17.00 H. O AUTOBÚS SUBIRÁ ATA O COLEXIO COS NENOS E NENAS QUE QUEDEN E SERÁN RECOLLIDOS ALI POLOS SEUS FAMILIARES ANTES DAS 18.00H.

ESPERAMOS QUE O PASEDES MOI BEN.

venres, 15 de xuño de 2012

As vacacións son moi longas e non quero esquecer o aprendido.

Por iso as familias tedes aquí material de repaso para imprimir segundo máis conveña:

DIFICULTADES:
- Iniciación á lectura: lectura y pauta
- Escritura: palabras y frases
- Números: practicar 1 / practicar 2  / muy importante


REPASO VACACIONAL XERAL:
- Lengua 1º E.P.
- Matemáticas 1º E.P.
- Coñecemento do Medio


MELLORANDO:
- Lecturas: comprensión textos
- Caligrafía: trazado
- Problemas: problemas I  / problemas II
- Operacións: restas dos cifras / sumas dos cifras sin llevada / sumas dos cifras llevando / sumas con y sin llevada  / suma llevando hasta tres cantidades



BO VERÁN !!!


xoves, 14 de xuño de 2012


COME DE TODO, ESTUDIA MOITO E FAI DEPORTE. 
ESAS FORON AS RECOMENDACIÓNS QUE NOS DERON.

FOTOS AQUÍ
OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO NECESITAN UN TELÉFONO VELLO OU DE XOGUETE PARA UNHA ACTIVIDADE QUE PREPARA MIGUEL PARA FIN DE CURSO.

mércores, 13 de xuño de 2012

martes, 12 de xuño de 2012

MARTES 12 DE XUÑO. VISITAMOS AOS BOMBEIROS DE A CORUÑA.
CONSULTADE A INFORMACIÓN DAS VISITAS ESCOLARES NA LIGAZÓN.
BOMBEIROS DE A CORUÑA

venres, 8 de xuño de 2012


¿Qué pasa si al ratón Pérez se le cae un diente?

Estaba Pérez contento
comiendo turrón del duro
cuando observó muy atento
que estaba en un buen apuro.
Se le había caído un diente
al legendario ratón
¿cómo pasó por su mente
ponerse a comer turrón?
Fue corriendo hacia el espejo
y abrió asustado la boca
¡¡Parecía un ratón viejo!!
¿Qué iba a hacer Pérez ahora?

Los niños no le querrían
se burlarían de él
después de toda la vida
haciendo el mismo papel:
Cambiando dientes caídos
por monedas y regalos
alegrando así a los niños
que quedaban desdentados.

Tan triste y cansado estaba
que se quedó muy dormido
y cuando ya amanecía
se despertó sorprendido.
Bajo la almohada de Pérez
asomaba un paquetito
con monedas relucientes
y con letras, un escrito:

“Los niños de todo el mundo
te queremos un montón,
y aunque te falte algún diente
eres el mejor ratón”

Nuestro amigo, dando brincos
quiere seguir trabajando,
tiene millones de amigos
que ya le están esperando.


martes, 5 de xuño de 2012


Resumo da reunión de pais, nais e familias do alumnado de 1º curso celebrada o pasado martes día 5 de Xuño.

Temas tratados:
-         Conclusións do curso
-         Excursión de fin de curso
-         Festival de fin de curso
-         Traballo voluntario para o tempo de vacacións
-         Proposta para o próximo curso

Conclusións do curso:
Cada titora avalió de forma xeral o curso xa case rematado.

Excursión de fin de curso:
O día 21 Xoves terá lugar a saída de fin de curso, en horario comprendido entre as 9.00 e as 18.00.
Horario:
9.30- Saída
10.00- 13.00- Actividades na granxa, por grupos e acompañados dun monitor.
13.00-Saída da granxa en dirección á Área recreativa de “O Seixedo”.
14.00- Comida no Seixedo en compañía das familias que queiran participar do xantar. Os nenos e nenas que non queden á comida volverán no bus ata o centro para coller o transporte do mediodía  coma calquera día.
17.00- Recollida dos nenos. Os nenos e nenas que non sexan recollidos no Seixedo subirán no bus ata o centro para a saída as 18.00.
18.00- Última recollida no centro.
Sobre este tema darase mais información por escrito.

Festival de fin de curso:
O centro organiza o festival de fin de curso o día 22 Venres ao que estades invitadas as familias. Mais información cando se achegue a data.

Traballo voluntario para o tempo de vacacións:
As titoras do nivel farán unha recomendación de posibles materiais para o traballo de verán.

Proposta para o próximo curso:

A aula de 2ºB utlizará os libros que figuran na lista de material.

As aulas de  2ºA e 2ºC non van  utilizar os libros que aparecen na lista de material. Antes de que remate o curso daráselles ás familias unha lista de material complementario que poderán comprar utilizando, se así lles corresponde, as axudas para a compra de material.



ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013.

 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.