mércores, 26 de setembro de 2012

luns, 24 de setembro de 2012


Puntos tratados:

  1. Profesorado que atende aos alumnos: Os titores, Nacho (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión), profesorado de P.T. e A.L.
  2. Outros espazos do centro: Aula de informática (unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video (cando se precisa).
  3. Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un impreso. O neno será acompañado por un profesor ata a súa aula. As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan aos nenos  en horario escolar tamén o farán na secretaría do centro.
  4. Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas cada día polo titor. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións). Así mismo as faltas de puntualidade reiteradas deberán ser debidamente xustificadas.
  5. Cambios nas rutinas: Calquera cambio nas rutinas diarias deberá ser comunicado ao centro por escrito con antelación (por exemplo se algun alumno un día quedase ao comedor en lugar de ir no bus). Os cambios puntuais de autobús non están autorizados en principio.
  6. Horario de atención ás familias: Todos os luns de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Pódense buscar outros momentos no caso de non ser posible nese horario.
  7. Alumnado con necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas familias e baixo a supervisión de dito departamento.
  8. Deberes: De acordo coas familias, os alumnos levarán deberes para practicar na casa coa axuda dun adulto, sempre de acordo ás suúas necesidades e capacidades.
  9. Información das familias: Prégase que se manteñan informados aos titores e ao centro dos cambios de domicilio e teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de saúde dos alumnos.
  10. O alumnado de 2º participará en todas as actividades complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares.
  11. Aportación ás saídas: Pídeselles ás familias unha aportación única e anual de 10 Euros para pagar o transporte das saídas culturais. Os 10 Euros recolleraos o titor durante o mes de Outubro.
  12.  A programación anual de ciclo está no centro a disposición das familias.
  13. O Regulamento de Réxime Interno está tamén no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
  14. Avaliacións: Durante este mes de outubro os alumnos de 2º realizarán unha proba de avaliación inicial de nivel que permanecerá no centro e será para consulta do profesorado.
  15. A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia e o comportamento do seu fillo. No caso do 2º nivel , na avaliación teranse moi en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.
  16. Autorizacións: As familias deberán cumprimentar unha autorización  para as saídas culturais que será válida para este curso. Cada vez que saiamos recibirán unha notificación informando o lugar que visitamos.  Os nenos que non dispoñan de dita autorización non poderán realizar a saída, poderán  quedar no centro nunha aula a poder ser do seu ciclo. Tamén deberán cumprimentar unha autorización expresa  que permitirá aos seus fillos  participar do blog de aula.
  17. Os días non lectivos do centro son o luns 15 de Outubro e o luns 20 de Maio.
  18. Música: O profesor de música pedirá aos nenos de 2º unha flauta para o 2º trimestre. Xa se comunicará por escrito.
  19. ED. Física: O profesor de Ed. Física pedirá aos alumnos de 2º algún util de aseo para o 2º trimestre. Xa se comunicará por escrito.

xoves, 20 de setembro de 2012


O vindeiro  luns día 24 terá lugar a reunión das familias do alumnado de 2º curso co seu titor ou titora.
Celebrarase na aula do voso fillo ou filla ás 5h. da tarde.

mércores, 19 de setembro de 2012


En el mar
(Fanny Uzcátegui Baumeister)

En el mar
Los caballitos cabalgan
entre bosques de coral.
Las medusas suben raudas
como pompas de jabón.

Los calamares
con tinta escriben
cartas de amor.

En la grieta mora el pulpo
y muy cerca el camarón
que dormido se la pasa
a merced del tiburón.

Las langostas sus antenas
van moviendo  al escuchar.
La canción de las sirenas
y las olas al pasar.




martes, 18 de setembro de 2012

PINCHA AQUÍ
PARA ESCOITAR A CANCIÓN DE
SUSO BAHAMONDE


"O MEU BARCO"
Manuel María


Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do libro e o disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


venres, 14 de setembro de 2012

luns, 10 de setembro de 2012

DÍA 12 MÉRCORES
HORA 09:00

NON É PRECISO VIR CARGANDO CON TODO O MATERIAL O PRIMEIRO DÍA.
ATENT@S AOS CARTEIS INDICADORES DAS FILAS DE 2º CURSO.
NON CHEGUEDES TARDE.
LEMBRADE A MERENDA, IDES TER FAME A MEDIA MAÑÁ.
 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.