venres, 30 de setembro de 2011

mércores, 28 de setembro de 2011

ASÍ MISMO SON AS CORES DE OUTONO.


E ASÍ O FIXEMOS

luns, 26 de setembro de 2011



Precisamos ter as autorizacións para as saídas antes do Xoves 29. Grazas

sábado, 24 de setembro de 2011


PLANTAMOS UN BOSQUE CON PAPEL PINTADO E CERAS BRANDAS.

xoves, 22 de setembro de 2011

O Xoves 29 de Setembro sesión de cine no centro Cívico de Arteixo. Compartiremos sala cos nenos e nenas da escola infantil de Barrionovo.
A película que veremos é "El bosque animado". A partir dese momento comezará a nosa aventura a través dos bosques. 



martes, 20 de setembro de 2011

 


          Puntos tratados:

  1. Profesorado que atende aos alumnos: As titoras, Ana (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión), profesorado de P.T. e A.L.
  2. Outros espazos do centro: Aula de informática (unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video (cando se precisa).
  3. Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un impreso. O neno será acompañado por un profesor ata a súa aula. As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan aos nenos  en horario escolar tamén o farán na secretaría do centro.
  4. Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas cada día pola titora. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións).
  5. Horario de atención ás familias: Todos os martes de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Pódense buscar outros momentos no caso de non ser posible nese horario.
  6. Alumnado con necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas familias e baixo a supervisión de dito departamento.
  7. Información das familias: Prégase que se manteña informada á titora e ao centro dos cambios de domicilio e teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de saúde dos alumnos.
  8. O alumnado de 1º participará en todas as actividades complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares.
  9. Aportación ás saídas: O centro aporta unha cantidade anual para saídas extraescolares e pídeselles ás familias outra aportación única e anual de 10 Euros para axudar no custo do transporte. Os 10 Euros recolleraos a titora durante o mes de Outubro.
  10.  A programación anual de ciclo está no centro a disposición das familias.
  11. O Regulamento de Réxime Interno está tamén no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
  12. A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia e o comportamento do seu fillo. No caso do 1º nivel , na avaliación teranse moi en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.

venres, 16 de setembro de 2011

xoves, 8 de setembro de 2011



1 LIBRETA PEQUENA DE DOBRE PAUTA ANCHA (DE GRAPA, NON ESPIRAL)
2 LÁPIS STAEDTLER NORIS Nº 2
1 AFIALÁPIS CON DEPÓSITO
1 CAIXA DE 12 CORES DE MADEIRA (ex. ALPINO)
1 CAIXA DE 12 ROTULADORES STAEDTLER 340 (PUNTA GROSA)
1 CAIXA DE 12 CERAS MANLEY
2 GOMAS DE BORRAR MILÁN NATA
2 PEGAMENTOS LÍQUIDOS (ex. QUILOSA PEGAPAPEL)
1 TESOIRAS KAIKUT (HAINAS ESPECIAIS PARA ZURDOS)
2 FUNDAS DE PLÁSTICO TIPO SOBRE TAMAÑO FOLIO (A-4)
1 PAQUETE DE TOALLITAS HÚMIDAS (PARA AS MANS)
2 CARPETAS DE CARTÓN CON GOMAS TAMAÑO FOLIO (A-4)



 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.