martes, 20 de setembro de 2011

 


          Puntos tratados:

  1. Profesorado que atende aos alumnos: As titoras, Ana (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión), profesorado de P.T. e A.L.
  2. Outros espazos do centro: Aula de informática (unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video (cando se precisa).
  3. Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un impreso. O neno será acompañado por un profesor ata a súa aula. As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan aos nenos  en horario escolar tamén o farán na secretaría do centro.
  4. Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas cada día pola titora. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións).
  5. Horario de atención ás familias: Todos os martes de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Pódense buscar outros momentos no caso de non ser posible nese horario.
  6. Alumnado con necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas familias e baixo a supervisión de dito departamento.
  7. Información das familias: Prégase que se manteña informada á titora e ao centro dos cambios de domicilio e teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de saúde dos alumnos.
  8. O alumnado de 1º participará en todas as actividades complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares.
  9. Aportación ás saídas: O centro aporta unha cantidade anual para saídas extraescolares e pídeselles ás familias outra aportación única e anual de 10 Euros para axudar no custo do transporte. Os 10 Euros recolleraos a titora durante o mes de Outubro.
  10.  A programación anual de ciclo está no centro a disposición das familias.
  11. O Regulamento de Réxime Interno está tamén no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
  12. A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia e o comportamento do seu fillo. No caso do 1º nivel , na avaliación teranse moi en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.