venres, 30 de maio de 2014

Estimadas familias:

Estamos preparando a saída de fin de curso  na primeira quincena de Xuño e esta é a nosa proposta:
Mañá: Percorrido pola fraga de Sisalde, actividade promovida polo concello de Arteixo e que realizaremos con guía.
Xantar: Comida coas familias nos campos da Praia de Valcobo. Cada familia levará a súa comida. Poden vir outros nenos invitados sempre que estean a cargo e baixo a responsabilidade do seu familiar.
Estes campos están fóra da praia, non teñen acceso directo á misma e están dotados de mesas e bancos. Non se permitirá a baixada á praia.
Tarde: Tempo de esparcimento ata ás 5h., en que faremos a volta ao centro.

  Notas:
·         Non sabemos o custe da saída, pero é gratuita na súa maior parte porque é unha actividade do concello. Só teremos que pagar unha parte do desprazamento.
·         Os nenos e nenas que non queden a comer co grupo volverán ao centro a tempo para a saída das 14h.
·        
A recollida do centro pola tarde será entre 17.30 e 18.00h e será realizada polas familias xa que non hai transporte pola tarde.

---------------------------------------------------------------------------------
Se estades de acordo coa proposta enchede o resguardo á maior brevedade posible para que podamos facer as previsións necesarias.
Un saúdo. As titoras

Nome do alumno/alumna: ………….………………………………………
Realiza a saída completa (de 9 da mañán á 6 da tarde).
É posible que alguén da súa familia nos acompañe no xantar…………………………
Persoa que posiblemente veña recollelo pola tarde:……………………………..

Realiza só a saída da mañán.

PD. Case con toda seguridade a saída será o día 6 de Xuño. 

SISALDE

SISALDE
VALCOBO
O TEMPO EN ARTEIXO



xoves, 22 de maio de 2014

sábado, 10 de maio de 2014

venres, 9 de maio de 2014

O vindeiro Martes 13 o alumnado de 3º A e B faremos unha visita aos oleiros de Buño.
O xoves 15 irán os nenos e nenas de 3ºC.
En horario escolar.


 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.