Estimadas familias:
Estamos preparando a saída de fin de curso na primeira quincena de Xuño e esta é a
nosa proposta:
Mañá: Percorrido pola fraga de
Sisalde, actividade promovida polo concello de Arteixo e que realizaremos con
guía.
Xantar: Comida coas familias nos campos
da Praia de Valcobo. Cada familia levará a súa comida. Poden vir outros nenos
invitados sempre que estean a cargo e baixo a responsabilidade do seu familiar.
Estes campos están fóra da praia,
non teñen acceso directo á misma e están dotados de mesas e bancos. Non se permitirá a baixada á praia.
Tarde: Tempo de esparcimento ata ás
5h., en que faremos a volta ao centro.
Notas:
·
Non sabemos o custe da saída, pero é gratuita na súa
maior parte porque é unha actividade do concello. Só teremos que pagar unha
parte do desprazamento.
·
Os nenos e nenas que non queden a comer co grupo
volverán ao centro a tempo para a saída das 14h.
·
A recollida do centro pola tarde será entre 17.30 e
18.00h e será realizada polas familias xa que non hai transporte pola tarde.
Estes campos están fóra da praia,
non teñen acceso directo á misma e están dotados de mesas e bancos. Non se permitirá a baixada á praia.
---------------------------------------------------------------------------------
Se estades de acordo coa proposta
enchede o resguardo á maior brevedade posible para que podamos facer as
previsións necesarias.
Un saúdo. As titoras
Nome do
alumno/alumna: ………….………………………………………
Realiza a
saída completa (de 9 da mañán á 6 da tarde).
É posible
que alguén da súa familia nos acompañe no xantar…………………………
Persoa que posiblemente
veña recollelo pola tarde:……………………………..
Realiza só a
saída da mañán.
PD. Case con toda seguridade a saída será o día 6 de Xuño.
PD. Case con toda seguridade a saída será o día 6 de Xuño.
SISALDE |
SISALDE |
VALCOBO O TEMPO EN ARTEIXO |
0 comentarios:
Publicar un comentario