mércores, 30 de outubro de 2013

sábado, 26 de outubro de 2013

En los dedos del viento
(Mercedes Calvo)

En los dedos del viento
pasan las nubes
y los globos perdidos
 que al cielo suben.
Giran veletas,
suspiros de las novias
y los poetas.
En los dedos del viento
vuelan las hojas,
cabellera de otoño
 dorada y roja.
Viaja la vida
en el polen callado
 y en la semilla.
En los dedos del viento
 se van los besos
soñando con caricias
y con regresos.
Flotan canciones
que entibian de ternura
 los corazones.
En los dedos del viento
 quiero viajar.
Él me dará alas
 para soñar.
Dedos del viento,
¡qué vuelen las palabras
 del sentimiento!




Encantados de coñecerte, Modigliani.


mércores, 23 de outubro de 2013

venres, 18 de outubro de 2013

Despois de ver as acuarelas de Luís Seoane, poñémonos a pintar directamente coas cores.


domingo, 13 de outubro de 2013

martes, 1 de outubro de 2013

Resumo da reuníon de titores coas familias do alumnado de 3º nivel.

Profesorado que atende aos alumnos: Os titores, Paz (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión), profesorado de P.T. e A.L.
Outros espazos do centro: Aula de informática (unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video (cando se precisa).
Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un impreso. O neno será acompañado por un profesor ou a coidadora ata a súa aula. As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan aos nenos  en horario escolar tamén o farán na secretaría do centro.
Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas cada día polo titor. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións). Así mismo as faltas de puntualidade reiteradas deberán ser debidamente xustificadas.
Cambios nas rutinas: Calquera cambio nas rutinas diarias deberá ser comunicado ao centro por escrito con antelación (por exemplo se algun alumno un día quedase ao comedor en lugar de ir no bus). Os cambios puntuais de autobús non están autorizados en principio.
Horario de atención ás familias: Todos os luns de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Tamén poden solicitar cita cos profesores das especialidades.
Alumnado con necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas familias e baixo a supervisión de dito departamento.
Deberes: De acordo coas familias eco seu consentimento, os alumnos levarán tarefas para practicar na casa coa axuda dun adulto, sempre de acordo ás súas necesidades e capacidades.
Información das familias: Prégase que se manteñan informados aos titores e ao centro dos cambios de domicilio e teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de saúde dos alumnos.
Actividades complementarias e extraescolares: O alumnado de 3º participará en todas as actividades complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares. Así mismo, realizarase una saída de fin de curso.
Aportación ás saídas: Este curso o sistema de pago será diferente. Cada alumno pagará a saída que vaia realizar.
Patruia ecolóxica: O alumnado de 2º ciclo será o encargado de levar a cabo este labor.
 A programación anual de ciclo e nivel está no centro a disposición das familias para a súa consulta.
O Regulamento de Réxime Interno está tamén no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
Avaliacións: Durante este mes de outubro os alumnos de 3º realizarán unha proba de avaliación inicial de nivel que permanecerá no centro e será para consulta do profesorado.
A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia e o comportamento do seu fillo. No caso do 3º nivel , na avaliación teranse moi en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.
Autorizacións: As familias deberán cumprimentar unha autorización  para as saídas culturais que será válida para este curso. Cada vez que saiamos recibirán unha notificación informando o lugar que visitamos.  Os nenos que non dispoñan de dita autorización non poderán realizar a saída, poderán  quedar no centro nunha aula a poder ser do seu ciclo. Tamén deberán cumprimentar unha autorización expresa  que permitirá aos seus fillos  participar do blog de aula.
Os días non lectivos do centro son o xoves 31 de Outubro, día do ensino, o luns 10 de Febreiro e o Venres 2 de Maio
Música: O profesor de música pedirá aos nenos de 3º unha flauta que deberán traer e levar os días que teñan música.
ED. Física: A profesora de Ed. Física pedirá aos alumnos de 3º roupa e calzado deportivo e una toalla pequeña.

Biblioteca: A bilioteca do centro realizará préstamo aos alumnos que así o desexen funcionando coma calquera biblioteca municipal. Así mismo, na aula tamén se poderá facer préstamo. É importante que axudemos aos nenos a coidar e responsabilizarse dos mismos.
 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.