martes, 18 de setembro de 2012

PINCHA AQUÍ
PARA ESCOITAR A CANCIÓN DE
SUSO BAHAMONDE


"O MEU BARCO"
Manuel María


Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do libro e o disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright (c) 2010 PLANETA GALÁN. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.