FUGU é unha palabra xaponesa para denominar ao peixe-globo. Tamén é o nome dun prato da cociña xaponesa que se fai con este peixe.
O FUGU pode ser mortalmente velenoso e ten que ser coidadosamente preparado para eliminar as partes tóxicas antes de ser cociñado.
Tanto é así que os cociñeiros xaponeses han de pasar un exame que acredite que saben preparar o fugu de forma segura.
0 comentarios:
Publicar un comentario