Este conto narra unha divertida historia sobre un lobiño chamado Kipá, que sendo o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes, entón nunha noite de lúa chea escapa a montaña, e ouvea tan forte que a lúa desaparece do ceo ...
O autor Mario Catelli conta unha fermosa historia sobre os aprendizaxes e descubrimentos, na que suxire que a sabedoría adquírese cos anos, e que hai que gozar de cada etapa da vida.
E en torno a este libro fixemos unha chea de actividades:
- Repasamos os números facendo grupos de lobiños, e decoramos a clase:
- Un lobiño móbil cada un de nós e logo formamos unha manda de lobos na aula:
- Un debuxo sobre o conto:
- Un mural con varios animais feitos coa técnica do "collage" como o conto:
- Un pequeno caderno co cal practicamos o uso da vogais:
0 comentarios:
Publicar un comentario