mércores, 30 de outubro de 2013
sábado, 26 de outubro de 2013
En los dedos del viento
(Mercedes Calvo)
En los dedos del viento
pasan las nubes
y los globos perdidos
que al cielo suben.
Giran veletas,
suspiros de las novias
y los poetas.
En los dedos del viento
vuelan las hojas,
cabellera de otoño
dorada y roja.
Viaja la vida
en el polen callado
y en la semilla.
En los dedos del viento
se van los besos
soñando con caricias
y con regresos.
Flotan canciones
que entibian de ternura
los corazones.
En los dedos del viento
quiero viajar.
Él me dará alas
para soñar.
Dedos del viento,
¡qué vuelen las palabras
Localización:
Arteixo, A Coruña, España
mércores, 23 de outubro de 2013
Localización:
Arteixo, A Coruña, España
venres, 18 de outubro de 2013
Localización:
Arteixo, A Coruña, España
domingo, 13 de outubro de 2013
martes, 1 de outubro de 2013
Localización:
Arteixo, A Coruña, España
Resumo da reuníon de titores coas familias do alumnado de 3º
nivel.
Profesorado que atende
aos alumnos: Os
titores, Paz (Ed. Física), Miguel (Música), Mariem (Inglés), Carmen (Relixión),
profesorado de P.T. e A.L.
Outros espazos do
centro: Aula de informática
(unha hora/semana). biblioteca do centro (unha hora/semana), Aula de video
(cando se precisa).
Entradas e saídas: O alumnado que chega tarde pola
mañá, ten que ser acompañado por un adulto ata secretaría, onde cubrirá un
impreso. O neno será acompañado por un profesor ou a coidadora ata a súa aula.
As familias non subirán ás clases en horario lectivo. As familias que recollan
aos nenos en horario escolar tamén o
farán na secretaría do centro.
Faltas de asistencia: As faltas de asistencia serán anotadas
cada día polo titor. Poden ser xustificadas ese mesmo día ou en días
posteriores. Computaranse por sesións (1 día/5 sesións). Así mismo as faltas de
puntualidade reiteradas deberán ser debidamente xustificadas.
Cambios nas rutinas: Calquera cambio nas rutinas diarias
deberá ser comunicado ao centro por escrito con antelación (por exemplo se
algun alumno un día quedase ao comedor en lugar de ir no bus). Os cambios
puntuais de autobús non están autorizados en principio.
Horario de atención ás
familias: Todos os
luns de 5 a 6 da tarde. Prégase que pidan cita con antelación. Tamén poden
solicitar cita cos profesores das especialidades.
Alumnado con
necesidades específicas: O centro, a través do seu departamento de orientación determinará as
necesidades de atención específica do alumnado. Actuarase de acordo coas
familias e baixo a supervisión de dito departamento.
Deberes: De acordo coas familias eco seu
consentimento, os alumnos levarán tarefas para practicar na casa coa axuda dun
adulto, sempre de acordo ás súas necesidades e capacidades.
Información das
familias: Prégase
que se manteñan informados aos titores e ao centro dos cambios de domicilio e
teléfono se fose o caso, así como alertar dos posibles casos de problemas de
saúde dos alumnos.
Actividades
complementarias e extraescolares: O alumnado de 3º participará en todas as actividades
complementarias promovidas polo centro, e fará saídas extraescolares. Así
mismo, realizarase una saída de fin de curso.
Aportación ás saídas: Este curso o sistema de pago será
diferente. Cada alumno pagará a saída que vaia realizar.
Patruia ecolóxica: O alumnado de 2º ciclo será o
encargado de levar a cabo este labor.
A programación anual de ciclo e nivel está no
centro a disposición das familias para a
súa consulta.
O Regulamento de Réxime
Interno está tamén
no centro a disposición das familias. Unha das normas nas que facemos fincapé é
que os alumnos non traian á escola teléfonos móbiles nin xoguetes electrónicos.
Avaliacións: Durante este mes de outubro os
alumnos de 3º realizarán unha proba de avaliación inicial de nivel que
permanecerá no centro e será para consulta do profesorado.
A avaliación será trimestral e cada familia recibirá un
boletín de notas informando dos resultados académicos, as faltas de asistencia
e o comportamento do seu fillo. No caso do 3º nivel , na avaliación teranse moi
en conta aspectos de actitude respecto ao traballo e respecto ao resto da
comunidade escolar, sen olvidarnos dos aspectos académicos.
Autorizacións: As familias deberán cumprimentar
unha autorización para as saídas
culturais que será válida para este curso. Cada vez que saiamos recibirán unha
notificación informando o lugar que visitamos.
Os nenos que non dispoñan de dita autorización non poderán realizar a
saída, poderán quedar no centro nunha
aula a poder ser do seu ciclo. Tamén deberán cumprimentar unha autorización
expresa que permitirá aos seus
fillos participar do blog de aula.
Os días non lectivos do centro son o xoves 31 de Outubro,
día do ensino, o luns 10 de Febreiro e o Venres 2 de Maio
Música: O profesor de música pedirá aos
nenos de 3º unha flauta que deberán traer e levar os días que teñan música.
ED. Física: A profesora de Ed. Física pedirá
aos alumnos de 3º roupa e calzado deportivo e una toalla pequeña.
Biblioteca: A bilioteca do centro realizará
préstamo aos alumnos que así o desexen funcionando coma calquera biblioteca
municipal. Así mismo, na aula tamén se poderá facer préstamo. É importante que
axudemos aos nenos a coidar e responsabilizarse dos mismos.